CRTVG

Buscar

Máis da metade da poboación europea pensa viaxar o vindeiro verán

Publicado o 08/04/2021 14:56

Despois de tantas limitacións a mobilidade, quen máis e quen menos ve no verán a posibilidade de dar unha volta á actual situación. Unha enquisa da Comisión Europea de Viaxes déixao claro: máis da metade dos europeos pensa viaxar o vindeiro verán, e España segue sendo o destino favorito.

Pero os espanois non quedan atrás. O cincuenta e catro por cento pensa ir de vacacións antes do mes de agosto. No destino favorito, coinciden co resto de europeos. Porén, nas rúas da Coruña respírase algo máis de prudencia.

Tampouco se amosa tan optimista o sector. Segundo Carlos Garrido, presidente da Confederación Española de Axencias de Viaxe, "é fundamental que avance o plan de vacinación". Asegura que cada vacinado é un potencial cliente e mentres non haxa un bo número de vacinados non se van recuperar as viaxes en España.

Queda tempo. Veremos se nos próximos meses se lle pode dar a volta á situación.

Noticias web

08/04/2021