CRTVG

Buscar

Máis ambiente nos mercados ambulantes tras o alivio das restricións

Publicado o 23/04/2021 14:50

O dobre de postos de venda e numerosos clientes acudiron ao mercado. Unha situación que xa inflúe de xeito positivo no ánimo tanto dos que venden como dos que mercan.

O mercado de Frigsa é un dos que poden ocupar o cen por cento dos postos por ter menos de 150 vendedores. Entre 150 e 250 postos poden abrir ata o 75 % dos feirantes e se superan os 250, só se permite a metade das licenzas.

Alimentación e roupa seguen a ser os reis dos mercados.

Noticias web

23/04/2021