Maialen Chourraut, prata en eslálom, fiel á súa cita coas medallas
Publicado o 27/07/2021 09:55
A padexeira vasca Maialen Chourraut sumou un novo metal para a delegación española ao conseguir a prata na proba de piragüismo de eslálom. Chorraut, ouro no Río en 2016 e bronce en Londres no 2012, volveu raiar a gran altura aos 38 anos e conseguiu no Xapón a súa terceira medalla.
Ricarda Funk (Alemaña) foi ouro ao mellorar en 1.13 o tempo marcado por Maialen, que non cometeu ningún erro no percorrido. A gran favorita, a australiana Jessica Fox, tocou dúas portas e quedou por detrás da española por unha décima.