Maduro pecha a fronteira co Brasil e estuda facer o mesmo con Colombia
Publicado o 21/02/2019 21:09
Nicolás Maduro pecha a fronteira terrestre co Brasil e estuda facer o mesmo con Colombia. A decisión trata de frear a entrada de axuda humanitaria internacional que promove a oposición e que o chavismo rexeita. Xa interrompeu as comunicacións coas illas caribeñas, que ían servir de lanzadeira para introducir partidas de axuda por vía marítima.
Juan Guaidó e unha ampla delegación de deputados opositores viaxan cara a Colombia, desde onde o sábado aseguran que comezarán a introducir a axuda humanitaria en Venezuela.