CRTVG

Buscar

Maduro non participará no Cumio Iberoamericano e manda a súa vicepresidenta

Publicado o 21/04/2021 09:43
Maduro non participará no Cumio Iberoamericano e manda a súa vicepresidenta

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, non participará finalmente no Cumio Iberoamericano que se celebra este mércores en Andorra e, a pesar de confirmar asistencia, será a vicepresidenta Delcy Rodríguez a que tomará a palabra no plenario de mandatarios.

Maduro non estará presente na conversa que comeza esta tarde de maneira semipresencial con tan só cinco delegacións na sede: as de España, Portugal, República Dominicana, Guatemala e a propia Andorra. Non é a primeira vez que Maduro anuncia a súa participación no Cumio e finalmente non aparece.

Esperábase que Maduro si participase esta vez desta cita centrada en ofrecer unha resposta comunitaria á crise da covid−19 e as consecuencias sanitarias, sociais e económicas derivadas dela.