Maduro non cede ás presións e négase a deixar pasar a axuda humanitaria
A diplomacia internacional segue sen dobregar a Nicolás Maduro, que se nega a deixar entrar no país o primeiro convoi con axuda humanitaria. A Unión Europea e os países latinoamericanos cren que só unhas eleccións presidenciais resolverán a grave crise política que atravesa o país.
O bloqueo da axuda humanitaria provocou os primeiros momentos de tensión na fronteira entre Colombia e Venezuela.
Pero Nicolás Maduro segue convencido de que todo é unha estratexia para intervir no país.
A Unión Europea e varios países latinoamericanos trataron onte no Uruguai de buscar unha solución á grave crise política.
Desde Washington insisten en que o tempo da negociación con Maduro xa pasou.
Un posicionamento que non todos comparten.
Pero o autoproclamado presidente Guaidó di que non falará de nada con Maduro que non implique a súa saída.