CRTVG

Buscar

Maduro, aberto a falar coa UE, di que a axuda humantaria é un show

Publicado o 08/02/2019 20:47

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, segue negando a entrada de axuda humantaria ao país. Asegura que se trata dunha trampa e unha humillación e pídelle á comunidade internacional que levante as sancións econonómicas e a persecución financeira. Mentres, o presidente da Asemblea Nacional de Venezuela, Juan Guaidó, pídelles aos militares que permitan a entrada dos camións.

 "Claro que existe un descontento nas nosas forzas armadas, pero o momento é agora, non cometan crime de lesa humanidad ao asasinar, directa ou indirectamente, entre 250.000 e 300.000 venezolanos que precisan desa axuda humanitaria" di Guaidó

 "O expediente que completa a intervención é o show da axuda humanitaria e nós plantámonos para denunciar este show, sinxelo, en Venezuela non hai mendigos, non imos ser mendigos de ninguén, se queren axudar a Venezuela liberen os cartos que nos teñen bloqueados, secuestrados, que é noso, é do país", di Maduro

O presidente de Venezuela, Nicolás Maduro, asegurou estar disposto a reunirse con enviados do grupo de contacto internacional impulsado pola Unión Europea (UE) que busca crear as condicións para que se poidan convocar novas eleccións "xustas" e "libres" no país. "Estou listo e disposto a recibir a cualquera enviado do grupo de contacto", asegurou Maduro nunha rolda de prensa no palacio presidencial de Miraflores.