CRTVG

Buscar

Maduro denuncia un novo intento de golpe de estado para apartalo do poder

Publicado o 27/06/2019 08:30

Nicolás Maduro denunciou un novo intento de golpe de estado para apartalo do poder. Maduro asegurou que en caso doutra tentativa golpista haberá unha resposta máis radical e máis implacable.

Para o líder opositor, Juan Guaidó, esta nova denuncia de Maduro é unha invención máis do réxime para perpetuarse no poder. Guaidó, recoñecido como presidente interino por máis de 50 países, asegurou que un grupo de homes armados intentara, sen conseguilo, secuestrar parte do seu equipo cando circulaban pola principal autoestrada de Caracas.




 

Noticias web

27/06/2019