CRTVG

Buscar

Maduro chama os militares a combater "traidores" e "golpistas"

Publicado o 02/05/2019 20:10

Nicolás Maduro escenifica a adhesión do exército facendo unha marcha por Caracas con 4.500 militares. Durante un discurso posterior, transmitido de xeito obrigatorio por todas as emisoras de radio e televisión, advertiu de que unha invasión estranxeira provocaría unha longa guerra civil. E instou os uniformados a desarmar os que cualifica de traidores e golpistas.

"Hai que saírlle ao paso á traizón, ao golpismo. Está dada a orde. Aos traidores, detelos. Aos golpistas, rexeitalos e detelos tamén", arengou Maduro.

O primeiro de maio Guaidó chamou a manter a protesta nas rúas e facer paros que desemboquen nunha folga xeral sen data fixa. Este xoves houbo protestas pacíficas de estudantes que contrastaban co vivido o día anterior nas rúas de Caracas.

O balance dos duros enfrontamentos entre a Garda Nacional Republicana e os opositores é de dúas persoas mortas e máis de cincuenta feridos.

Noticias web

02/05/2019