CRTVG

Buscar

Madrid segue sen recuperarse do impacto da borrasca Filomena unha semana despois

Publicado o 15/01/2021 21:08

Comezaba a nevar o venres pasado e non paraba ata a tarde do sábado. Pois, si, como dicias, xusto unha semana e as consecuencias aínda se ven en cada esquina de Madrid. Moita neve aínda nas rúas: datos do propio Concello, só unha de cada catro rúas está limpa. Os parques e as zonas verdes permanecen pechados. Hoxe o alcalde visitaba o Retiro, onde están danadas o 70 por cento das arbores. E como se temía, novo atraso na volta aos colexos. Non se retomarán as clases ata o vindeiro mércores. Máis da metade dos colexios da rexión están afectados dunha o outra forma pola nevarada.

Madrid hai unha semana... Madrid hoxe, despois da nevarada histórica. Filomena callou, as consecuencias tamén. Coches aínda atrapados, lixo amoreado, traballos de limpeza que non cesan, moita neve e moito xeo aínda, 1.700 colexios madrileños sen clases ata o mércores e parques pechados. O do Retiro estaba aberto hai só 7 días, hoxe ten o 70% das árbores danadas e non hai data de apertura.

Con todo, e aínda que parcialmente, vaise recuperando a mobilidade. Os servizos esenciais volven tomar o pulso da capital e o aeroporto de Baraxas tamén recupera a normalidade. Segundo Aena a actividade aeronáutica deste venres é do 90 %.

No resto do Estado o frío fai que, unha semana despois, a pegada de Filomena tamén persista. Especialmente na meseta norte e en Castela-A Mancha. En Toledo capital segue traballando a UME e aínda hai rúas intransitables. O Concello acaba de habilitar ata dez puntos de repartición de auga potable logo de que romperan varias tubaxes da rede de subministración.

O frío polar seguirá nesta zona, previsiblemente, ata mediados da semana que vén. Aconséllase evitar os desprazamentos, este vernes o Ministerio do Interior informaba de que 349 estradas seguen afectadas polo xeo e a neve.




 

Noticias web

15/01/2021