CRTVG

Buscar

Madrid retrasa a volta ás aulas ata o mércores polo temporal

Publicado o 15/01/2021 15:01
Madrid retrasa a volta ás aulas ata o mércores polo temporal

O lixo acumulado nalgunhas rúas de Madrid, os coches aínda atrapados na neve e as numerosas árbores caídas indican que a normalidade total tras o paso da borrasca Filomena aínda non é unha realidade.

"Non imos enganar aos madrileños, aínda non hai un prazo para saber cando poderemos reabrir os grandes parques da cidade", di o alcalde Martínez-Almeida.

Efectivos da Unidade Militar de Emerxencias e brigadas forestais traballan contra o reloxo contra a neve e o xeo, que aínda condiciona a volta ás clases en máis de 1.700 colexios madrileños

Carlos Novillo, Dir. ASEM 112, insiste na necesidade de manter a precaución "nos traxectos a pé e tamén en coche

O aeroporto de Baraxas aínda traballa a medio gas. José Luis Ábalos, ministro de Transportes, di que  "podiamos facelo mellor, pero humildemente fixemos o que puidemos, e creo que traballamos" 

As autoridades insisten no risco das placas de xeo que aínda hai en gran parte da península, e desaconsellan desprazamentos en vehículo. 334 estradas do país seguen afectadas. O frío polar, que nas vindeiras horas deixará temperaturas menores de 10 graos baixo cero na meseta norte, Castela- A Mancha, o sistema ibérico e os Pireneos, prolongarase ata mediados da semana que vén.
 

Noticias web

15/01/2021