CRTVG

Buscar

Madrid recorre ante a Audiencia Nacional as novas normas contra a covid

Publicado o 07/06/2021 16:06
Madrid recorre ante a Audiencia Nacional as novas normas contra a covid

O Goberno da Comunidade de Madrid xa recorreu contra as novas normas relacionadas coa covid. Presentaron o recurso por invasión de competencias ante a Audiencia Nacional e piden medidas cautelarísimas, é dicir, que se suspenda mentres o tribunal decide.

O executivo de Isabel Díaz Ayuso aspira a anular unha orde que, di o recurso, causa un dano irreparable á hostalería.

Noticias web

07/06/2021