CRTVG

Buscar

Madrid poderá facer tests de antíxenos nas farmacias para cribados

Publicado o 15/12/2020 20:25

Madrid poderá facer tests de antíxenos nas farmacias tras a autorización de Sanidade. Pero ollo, só poderán levarse a cabo nas zonas de alta incidencia do virus e orientados aos cribados.

Así llelo transmitiron técnicos do Ministerio de Sanidade aos da Consellería de Saúde madrileña nunha xuntanza telemática.

A incidencia podería marcarse en 250 casos por cada 100.000 habitantes, pero o protocolo quedou pendente para a vindeira reunión.

Noticias web

15/12/2020