CRTVG

Buscar

Madrid loita para evitar o colapso, chegaron os camións e abre MercaMadrid

Publicado o 12/01/2021 10:08

Hoxe abre MercaMadrid, ao centro de produtos frescos que abastece doce millóns  de consumidores deron chegado por fin os camións. Logo de despexárense os accesos coa axuda da UME, onte entraron 165 trailers con mercadorías. 

O ministro de transportes asegurou que as operacións no aeroporto de Baraxas seguirán ampliándose, o luns cancelou 117 voos. Os efectivos de urxencias avanzan como poden no desbloqueo das estradas.

Apenas 500 quilómetros da rede están practicables, centradas as quitaneves nas princiipais arterias para que dean circulado os servizos prioritarios.

Os autobuses municipais non funcionaron e así foi que houbo aglomeracións no metro, sendo neste momento o transporte máis efectivo, pero con menos frecuencias do habitual.

Os desprazamentos non só son difíciles, tamén perigosos. Con máis de oitenta centros de saúde e consultorios pechados polo temporal, os que están abertos empezar a saturarse.

Os que quedan na casa son os escolares, porque se suspenderon as clases presenciais ata o vindeiro luns. Entre os servizos que non funcionan, non hai recollida do lixo, a funeraria municipal cancelou inhumacións e incineracións e a recollida de cadáveres depende da mobilidade.

A atención a maiores e discapacitados tamén está cancelada. As axudas concretaranse cando se avalíen os danos, di o goberno.

Danos que tamén procuran paliar os madrileños de a pé co que teñen a man, á espera de bater novas marcas, agora, polas baixas temperaturas.

 

Noticias web

12/01/2021