CRTVG

Buscar

Madrid adianta a segunda dose de AstraZeneca polo ascenso da variante india

Publicado o 11/06/2021 10:51
Madrid adianta a segunda dose de AstraZeneca polo ascenso da variante india

Madrid reorganizou a súa estratexia de vacinación contra a covid-19 e decidiu adiantar unha semana a administración da segunda dose de AstraZeneca para a poboación máis vulnerable e para maiores de 60 anos. As autoridades sanitarias están preocupadas polo ascenso de novas variantes, sobre todo, da india.

A segunda dose inocularíase ás once semanas da primeira picada, en lugar das 12 que estaban previstas, segundo confirmou o viceconselleiro madrileño de Saúde Pública e Plan Covid-19, Antonio Zapatero, en conferencia de prensa.

Malia a baixada da incidencia na comunidade (116 casos por 100.000 habitantes a catorce días), manifestou a súa inquedanza polo incremento da variante india. Esta semana confirmáronse 18 positivos fronte aos catro da pasada, e aínda hai infeccións perdentes de secuenciar.

Segundo o viceconselleiro, non só aumentaron os casos importados desta variante, senón que "hai transmisión comunitaria" en Madrid. Tendo en conta o que sucedeu no Reino Unido, augurou que se podería converter na cepa predominante en España nunhas semanas.

Noticias web

11/06/2021