CRTVG

Buscar

Madrid confirma a transmisión comunitaria da variante india do coronavirus

Publicado o 12/06/2021 10:05

Nos últimos 15 días, apareceron na comunidade madrileña 22 casos desa nova cepa. O conselleiro de Saúde, Antonio Zapatero, augurou que, igual que pasou coa británica, en poucas semanas a variante india será tamén a predominante en toda España. Por ese motivo, van adiantar unha semana a administración da segunda dose da vacina de AstraZeneca para os madrileños maiores de 60 anos.

No conxunto de España a incidencia acumulada segue baixando. Está en 108 casos por cada 100.000 habitantes . Son dous puntos menos que o xoves. A incidencia acumulada en España non estaba por baixo dos 110 casos desde o 14 de agosto do ano pasado. Sanidade notificou tamén máis de 4.100 novos contaxios e 36 falecidos.

Noticias web

12/06/2021