Madrid, Andalucía, Murcia e Euskadi rexeitan o plan de finalización do curso escolar
Publicado o 16/04/2020 20:06
Non hai unanimidade nos acordos conseguidos onte na Conferencia Sectorial de Educación sobre o final do curso. Hoxe mesmo Madrid, Murcia, Andalucía e o País Vasco fixeron público que non van subscribir o documento que saíu da xuntanza.
Non están de acordo con polo menos dous puntos: o que se refire á promoción xeral dos alumnos e o que permite dar a titulación nos últimos cursos da educación secundaria e do bacharelato aínda que se teñan materias suspensas. O País Vasco oponse por entender que é unha invasión das súas competencias.
Galicia tamén amosou a súa disconformidade con estes puntos, pero subscribirá o documento, din dende a Consellería de Educación, por "lealdade institucional".