CRTVG

Buscar

A Madeira esixirá certificado de vacinación aos turistas

Publicado o 19/02/2021 13:42

A illa Portuguesa da Madeira aceptará visitantes con certificado de vacinación. O Goberno autónomo do arquipélago, con poder lexislativo propio, deseña este corredor verde de turistas para salvar a campaña de verán.

No documento ten que constar o tipo de vacina recibida e as datas de inoculación. Tamén poderán aterrar sen facer PCR os que acrediten que pasaron a enfermidade nos últimos 90 días.

Esta decisión ten moito que ver con que o Reino Unido expedirá este tipo de certificados para quen desexe viaxar nas vacacións, ao igual que Dinamarca e Suecia.

Noticias web

19/02/2021