Macrooperación contra o tráfico de haxix en Sevilla
Publicado o 13/12/2019 10:45

Aberta unha macrooperación contra o tráfico de haxix en Sevilla. Máis de 200 axentes especializados da Garda Civil e do Corpo Nacional de Policía colaboran nunha espectacular redada que deixa xa varios rexistros e detencións. A operación coincide coa petición de máis dotación policial para a a Costa do Sol.
A Asociación Unificada da Garda Civil afirma que hai varios clans da droga enfrontados entre si e moi violentos que mesmo empregan armas de guerra. Din que precisan 500 axentes máis na zona.