CRTVG

Buscar

Macron celebra en Londres o 80 aniversario do discurso de De Gaulle chamando á resistencia contra o invasor nazi

Publicado o 18/06/2020 21:12

Fai 80 anos do discurso do xeneral De Gaulle rexeitando a capitulación ante o invasor nazi e chamando os franceses á resistencia. Pronunciouno desde Londres co visto e prace de Churchill.

 O príncipe Carlos e Enmanuel Macron presidiron os actos para conmemorar aquela histórica alocución a través da BBC. Fixeron unha ofrenda floral na estatua do xeneral francés. E Macrón outorgoulle a Lexión de Honra á capital británica.

"Pase o que pase a chama da resistencia francesa non se apagará", dixo De Gaulle nun discurso inscrito no Rexistro da Memoria do Mundo da Unesco.




 

Noticias web

18/06/2020