Galicia Noticias Mediodía
Macromuiñeira nun colexio da Coruña polo Día das Letras Galegas
Na véspera do Día das Letras, os alumnos de primaria do colexio das Franciscanas da Coruña quixeron renderlle a súa homenaxe particular ao galego cunha macromuñeira en que participaron 450 escolares.
Ao acto sumouse tamén unha convidada de excepción como é Susana Seivana, que foi a encargada de poñer a música a esta celebración.
Están nerviosos, e non é para menos. 450 alumnos de primaria do colexio das Franciscanas da Coruña prepáranse para bailar unha macromuiñeira. Eles poñen o baile, a música corre da man de Susana Seivane, convidada de excepción a esta celebración.
Con baile, música, e poemas... así é como estes escolares lle renden homenaxe á nosa lingua, na véspera do Día das Letras. Tamén con flores que eles mesmos elaboraron conseguiron facer esta gran bandeira.
E para rematar, o himno galego acompañado da gaita de Susana Seivane.