Gromo explosivo na comarca de Lemos, con 50 contaxios entre a xente nova
Os contaxiados teñen entre os 16 e 18 anos. A maioría están sen vacinar ou cunha soa dose. Hai afectados en Monforte, pero tamén nos concellos limítrofes de Pantón e Sober. O número de casos elévase xa a 50.
"Non sabía que era tan grande o gromo". "Todos temos xente nova na casa e non sabes onde vai sair". "Teño xente nova na casa, tampouco os vas ter presos".
Ducias de persoas están pendentes dunha PCR. Ao tratarse de xente nova, a lista de contactos estreitos é moi extensa e complica a rastrexabilidade dos novos casos.
"Son en reunións e festas de grupos sen as medidas de seguridade, polo que custa máis a rastrexabilidade. Tamén custa que nos dean toda a información dos seus contactos", di Ramón Ares, xerente da área sanitaria de Lugo, Monforte e A Mariña.
De novo as reunións e os botellóns están detrás destes contaxios. Era a fin de semana das patronais, non houbo festas oficiais, pero si non autorizadas.
"As non festas, probablemente". "Xúntase moita xente, é normal". "A xente nova sae, quita a máscara". "Non se garda a distancia, saen de festa".
Na cidade hai 93 casos activos, máis da metade foron detectados esta semana a consecuencia deste gromo.