CRTVG

Buscar

Macrobotellón en Ourense sen medidas de seguridade

Publicado o 28/06/2021 14:22

Centos de persoas bebendo na rúa, sen máscara e sen respectar a distancia de seguridade. Aconteceu esta fin de semana no centro de Ourense. Con 128 casos activos en Ourense e en continuo crecemento, os veciños temen que estas actitudes agraven a situación.

A Policía Local acudiu á praza das Mercedes ante ducias de chamadas dos veciños pero pouco puideron facer. Os axentes piden máis medios. Os veciños están fartos da situación. Tamén neste convento de monxas, e nos colexios e na residencia de estudantes das Mercedes se queixan.

Hoxe mesmo os veciños organizados van presentar un escrito ao Concello de Ourense para pedir unha solución urxente. Dende o concello de Ourense recoñecense desbordados e din que esta semana manterán unha xuntanza coa Policía Nacional para tentar sumar esforzos contra estes perigosos macrobotellóns.

Noticias web

28/06/2021