Álvaro Vizcaíno conta en forma de libro e filme a súa historia de supervivencia
Publicado o 17/09/2021 21:49
Caeu dun acantilado e con fracturas graves no corpo estivo dous días sen beber e a deriva ata ser rescatado. É a historia de superación e supervivencia pola que pasou o surfista Álvaro Vizcaíno en 2014. Unha historia que xa ten forma de libro e de película e que, esta tarde, compartiu nunha charla en Vigo
Conta con bo humor unha experiencia en que tivo que tomar decisións en convivencia coa morte e coa soidade. Di que a aceptación da morte valeulle para reflexionar sobre a vida e dende entón dedica parte do seu tempo a compartilo cos demais.