Luisito sofre unha trombose nun brazo
Publicado o 23/02/2021 20:06
Luisito ten que parar uns días. O técnico granate levaba unha semana con molestias nos ganglios dun brazo. Foille diagnosticada unha trombose, comeza un tratamento, pero o xoves vai adestrar. Di que a dor que tiña foi remitindo nas últimas horas e pode dirixir o equipo sen problemas. Ten aínda tempo porque esta a fin de semana non hai liga.