CRTVG

Buscar

Luisito, novo adestrador do Pontevedra

Publicado o 08/02/2021 14:03
Luisito, novo adestrador do Pontevedra

Luisito substitúe a Jesús Ramos como técnico do Pontevedra.

A derrota co Zamora agudizou a crise granate. O Pontevedra está a cinco puntos do terceiro lugar cun partido menos que xogará este mércores en Pasarón co Guijuelo. Se gaña, ata adianta o Deportivo.

Jesús Ramos dirixiu o equipo en dúas etapas: tras a destitución de Luismi e tras a saída de Carlos Pouso.