CRTVG

Buscar

Luisito non seguirá no Pontevedra

Publicado o 23/06/2021 20:24

Luisito non seguirá a vindeira tempada no Pontevedra. Segundo puido saber a redacción de Deportes, non houbo acordo entre o adestrador e o novo director deportivo.

Luisito contaba coa confianza da presidenta Lupe Murillo, quen o fichou en febreiro para reflotar a situación do equipo, pero diferenzas insalvables con Toni Otero impiden a renovación.

Nas vindeiras horas farase oficial a marcha de Luisito, quen deixou o Pontevedra na Segunda Federación.

Noticias web

23/06/2021