Luisito non seguirá á fronte do Fabril
Publicado o 14/05/2020 20:00
Luisito non seguirá á fronte do Fabril a próxima temporada. Coa temporada xa rematada na Terceira División, o club xa lle anunciou a Luisito que levarán a cabo unha renovación co filial. Luisito fíxose cargo do equipo en febreiro do ano pasado. Descenderon a Terceira e este ano ían no sétimo posto cando se detivo a competición. Tampouco continuará no equipo o preparador físico, Roberto Valdés.