CRTVG

Buscar

Luisito: "Non merecía este trato. Recibín a puñalada máis trapeira dende que son adestrador"

Publicado o 24/06/2021 13:51

E estoupou Luisito. Non seguirá no Pontevedra por falta de entendemento con Toni Otero, ao que cualifica de "mentireiro".

O director deportivo do Pontevedra, que acaba de chegar, e Luisito xuntáronse hai días en Vilagarcía. Falaron de fútbol, de modelo de xogo e de cartos.

Todo parecía arranxado porque ademais Luisito era a preferencia dos directivos, pero un informe de Toni Otero cambiouno.

Ese informe, en opinion de Luisito, non reflicte o que falaron na xuntanza e está cheo de mentiras. Luisito séntese decepcionado. O Pontevedra aínda non ten adestrador.

Noticias web

24/06/2021