CRTVG

Buscar

Luisito: "Imos xogar os cinco partidos que quedan a cara de can"

Publicado o 10/02/2021 19:27

Tivo apenas un día pero o Pontevedra de Luisito ofreceu outra imaxe. Con todo, o técnico non puido estrearse con vitoria. E iso que ocasións para marcar tiveron dabondo, especialmente na primeira metade.

O técnico de Teo logrou un punto na súa volta a Pasarón logo de empatar a cero esta tarde ante o Guijuelo, no partido adiado no seu momento pola COVID.
Coa súa habitual expresividade, Luisito laiouse das ocasións desperdiciadas e explicou así a dificultade que entrañan os próximos cinco partidos.

Noticias web

10/02/2021