Luis Vilariño: "Teño ganas de estar preto do podio en Ferrol"
Publicado o 18/08/2021 11:43
Na segunda canle viviremos os dous treitos das Somozas deste sábado (mañá e tarde)
O rally de Ferrol será a terceira e última proba que teña lugar en Galicia esta temporada. Luis Vilariño chega a unha das citas máis complicadas do ano preparado e con moitas ganas "de volver correr diante da afección galega, que é a mellor".
Por isto, o obxectivo non pode ser outro que estar preto do podio por ser "rallys que xa corrín, gañei dúas veces o de Narón que non son os mesmos tramos pero similares", comentou confiado o de Palas de Rei.
Incluso antes da cita desta fin de semana, Vilariño xa mira máis alá e pensa que en Ferrol poderá preparar o seu seguinte obxectivo marcado no calendario: o rally da República Checa.