Luís Tosar e Tamara Canosa, protagonistas no festival de San Sebastián
Segunda xornada no festival de San Sebastián con especial protagonismo para o novo filme de Iciar Bollaín, Maixabel. A película, que compite na sección oficial, conta a historia do achegamento entre un etarra arrepentido e a viúva do político Juan Mari Jauregui. Un filme con Luís Tosar como protagonista e coa actriz galega Tamara Canosa nun dos papeis importantes.
O filme transita entre a parte máis emocional da dor e a tristura do acontecido e a carga política do momento vivido en Euskadi naquela época. Cando a directora fala de "aquí" refírese a Euskadi porque a estrea en San Sebastián é o punto de partida lóxico e sensible para a película.
Maixabel respira respecto e austeridade para explicar como se chegou a esas conversas. Luís Tosar interpreta o etarra e para iso falou antes con el. A actriz Tamara Canosa é a mediadora entre a viúva e o asasino.
A película, con múltiples arestas, estará nos cines de Galicia o vindeiro venres 24 de setembro.