CRTVG

Buscar

Luis Ruíz: "É cedo para saber se imos volver, a prioridade é que a sociedade volva á normalidade"

Publicado o 22/04/2020 16:14

O fútbol afronta semanas decisivas para coñecer como vai ser o futuro inmediarto da competición suspendida. As présas de uns contrastan co sentidiño de outros.

Luis Ruíz cre que "a prioridade é que a sociedade volva á normalidade".

O futbolista do Dépor devece por volver xogar canto antes, pero deixa claro que primeiro deben darse garantías de seguridade na competición.

Para Luis Ruiz non hai dúbidas do que é ou non é prioritario, tendo claro amais que un só caso de contaxio derramaría o retorno da liga e habería que anulala sen ascensos nin descensos.

Ao lateral deportivista non o asusta a alta concentración de partidos que se pode dar na volta do campionato. Pensa que o seu equipo ten cadro dabondo para afrontala.

Noticias web

22/04/2020