CRTVG

Buscar

Luis Rodríguez, de 75 anos e catedrático de Dereito Romano, resístese a xubilarse

Publicado o 20/05/2021 13:35

Luis Rodríguez Ennes leva 51 anos exercendo a docencia como catedrático de Dereito Romano e Sistemas Xurídicos Comparados. Impartiu clase en máis de 20 universidades de todo o mundo, foi un dos promotores do campus de Ourense e decano da Facultade de Dereito, da que é catedrático emérito. Polas suas aulas pasaron milleiros de alumnos, algúns persoeiros recoñecidos.

Di que mermou o nivel académico do alumnado universitario, pero tamén se sente decepcionado coa calidade docente. E Ennes é un erudito. Escribe latín e grego, domina varios idiomas, investiga, dirixe teses, publicou ducias de libros e artigos, e a sua vocación docente segue intacta. Aos 75 anos segue impartindo clase de Dereito Básico no Programa de Maiores do campus de Ourense.

Asegura que é unha das facetas máis satisfactorias da sua carreira, que se resiste a abandonar, entroutras cousas porque os seus alumnos senten devoción polas suas clases maxistrais. E cando non está na Facultade, o profesor Ennes segue traballando na que denomina a sua placenta: unha biblioteca con máis de 18 mil volumes na sua casa de Armenteira.

Noticias web

20/05/2021