CRTVG

Buscar

Luis Penido, un veterano do Rally Botafumeiro, aposta por Víctor Senra

Publicado o 07/08/2019 22:00

A partir do venres o motor volve a Santiago co Rally Botafumeiro. É a sexta proba do campionato galego. Hoxe falamos con Luís Penido, un dos pilotos máis experimentados que, ademais, corre na casa.

Con 15 edicións ás costas, Luis Penido é seguramente o piloto que máis veces correu o Rally do Botafumeiro. O ano pasado festexou o quinto posto co seu Mitsubishi, un coche que non é de última xeración, pero que lle está a dar un gran rendemento.

Iso si, ten claro que os favoritos para gañar en Santiago son os tres primeiros clasificados do campionato galego, co líder Víctor Senra á cabeza, o gañador do ano pasado. Un tramo espectáculo en San Lázaro marcará o inicio da edicion número 27 do Botafumeiro.








 

Noticias web

07/08/2019