CRTVG

Buscar

Luis Enrique non ve ningunha selección mellor que España

Publicado o 01/07/2021 20:21

A selección española ten a oportunidade de reverter case unha década de fracasos. Mañá xoga en cuartos contra Suíza, unha barreira que non superaba dende 2012, precisamente cando gañou a súa terceira Eurocopa. No muro de oitavos esnafrouse nos mundiais de 2014 e 2018 e na Eurocopa de 2016. Agora ten que superar unha Suíza moi crecida tras deixar fóra a campioa do mundo, Francia. Daquel equipo de 2012 só quedan dous xogadores: Jordi Alba e Sergio Busquets. Os dous capitáns. Luis Enrique, sen falsa modestia, non se corta á hora de falar de España como a gran favorita.

Noticias web

01/07/2021