Luis Enrique, na véspera dos cuartos de final: "Suiza está ao noso nivel e opta a todo, coma nós"
A Luis Enrique cámbialle a cara cando sae da sala de prensa. Nas vésperas de xogar polo pase ás semifinais asegura que non ten présa por decidir o equipo titular.: "Para decidir o equipo teño tempo de sobra, podería xogar calquera. Decidirei mañá".
Para Luis Enrique, Suíza é un rival cun nivel equiparable ó de España: "Están ao noso nivel, sen dúbida. A sorte ou a desgraza é que as dúas seleccións nos coñecemos ben. Suíza opta a todo, coma nós".
Con seleccións potentes como Francia e Alemaña fóra da Eurocopa, España resístese a aceptar a condición de favorita.
"Non sei se somos favoritos, iso dirao o que nos queda por diante. Temos unha selección moi boa e temos moitas ganas de máis", dixo o central Laporte.
Recibir tres goles como ante Croacia complicaría o pase. "Se metes cinco e recibes tres pasas, iso é o máis importante no fútbol", sentenza Laporte. E Luis Enrique asegurou: "Creo que somos un dos mellores equipos no aspecto defensivo do Europeo".
O seleccionador tamén está seguro de que España está físicamente a tope, para outra prórroga se fai falta.