Luis Enrique: "Mañá Morata e dez máis"
Publicado o 18/06/2021 21:45
Sergio Busquets está de volta nas vésperas do segundo partido da Eurocopa. O capitán incorpórase tras dar negativo na última PCR e despois de dez dias cumprindo o aillamento ó revelarse o seu postivo por COVID nun test do pasado 6 de xuño.
O capitán viaxou co equipo a Sevilla e non está descartado para xogar contra Polonia. Quen si estará seguro no once inicial é Morata. Luis Enrique confirmouno na rolda de prensa previa, na que tamén participou o propio dianteiro. O seleccionador fixo unha defensa pechada de Morata despois de converterse no centro das críticas tralo empate sen goles do primeiro partido contra Suecia.