CRTVG

Buscar

Luis Enrique: "En tres minutos estaban listos para unha PCR sen poder garantirlles nada"

Publicado o 10/06/2021 15:24

O seleccionador manifestou plena confianza nos médicos da selección e agradeceu a disposición de Brais e o resto de xogadores da burbulla paralela

Luis Enrique chantou este mediodía na sala de prensa cun pleno de optimismo. O seleccionador comezou anunciando que o o de Diego Llorente semella ser un falso positivo e foi contundente sobre Busquets. Non vai ser substituído.

Confesou que pasou un mal momento cando se coñeceu o positivo de Busquets, pero manifesta a confianza plena nos médicos da selección, co galego Cota entre eles.

"Temos confianza absoluta nos médicos, están moi preparados"

A selección estase adaptando ás novas circunstancias e os adestramentos son mínimos, sen vídeo, con charlas ao aire libre e, sobre todo sen desculpas.

Luis Enrique prefire facer da necesidade virtude e busca rearmar ao seu grupo cunha arenga de absoluta persuasión.

Contento con nivel dos adestramentos

España está a tres días de adestrarse na Eurocopa e o trebón da covid comeza a ceder presión, atendendo ás palabras do seleccionador. Cousa distinta serán as consecuencias do sucedido no rendemento do combinado.

Noticias web

10/06/2021