CRTVG

Buscar

Luis César: "Vin os meus xogadores superados e irrecoñecibles ante o Sabadell"

Publicado o 30/03/2021 13:59
Luis César: "Vin os meus xogadores superados e irrecoñecibles ante o Sabadell"

O adestrador do Lugo, Luís César Sampedro, admitiu que o domingo ante o Sabadell (0-1) viu os seus xogadores "superados e irrecoñecibles" tras o gol do cadro catalán aos 12 minutos e asegurou que agora están con "enerxía" para cambiar a dinámica o xoves na súa visita á U. D. As Palmas.

"Aos xogadores véxoos mellor que onte, que había moito abatemento porque era un partido que o tiñamos sinalado en vermello. Viñamos de dous partidos con máis méritos que puntos e sinalabámolo como o encontro do despegamento. Pero xa estamos recuperados. As euforias e as depresións uno elixe o que duran. Hai que ser expertos en esquecer", comentou.

En conferencia de prensa, indicou que "se trata de aprender e avanzar" e, nese sentido, afirmou que o partido co Sabadell supuxo unha gran aprendizaxe. "Non podemos entrar en desastre por un resultado inesperado no minuto 12. Vi aos meus xogadores superados e irrecoñecibles. Mirámonos no espello e todos coincidimos en que non pasaba na previa polas nosas cabezas outra cousa que non fose a vitoria e foi unha mazada", confesou.