CRTVG

Buscar

Luis César quere cambiar o xogo do Lugo ao completo

Publicado o 05/03/2021 20:19

O Lugo tamén está pendente dun caso de coronavirus no seu cadro de xogadores. Trátase do terceiro porteiro, Fran Vieites, que está illado e sen síntomas.

Esta tarde fixéronlles PCR aos outros dous gardametas: Ander Cantero e Alberto Varo. Hoxe tamén puidemos ver por primeira vez a Luis César traballando no céspede co seu novo equipo. O técnico arousán estrea esta nova etapa no banco do Anxo Carro o luns fronte ao Fuenlabrada. E ten traballo abondo porque quere cambiar o xogo do Lugo ao completo

Noticias web

05/03/2021