Luis César: "O partido do sábado co Alcorcón está marcado en vermello"
Publicado o 12/04/2021 20:11
O Lugo vai de mal en peor. Acumula doce xornadas sen gañar, está a só un punto do descenso. A derrota en Mallorca é a cuarta consecutiva da era Luis César, que ata agora só conseguiu tres empates en sete encontros. Unha media de 0,42 puntos por partido. Cando el chegou para substituír a Mehdi Nafti, o Lugo tiña seis puntos de colchón sobre os postos de descenso directo. Quedan oito xornadas. É a hora das finais. A primeira contra o Alcorcón, o sábado.