CRTVG

Buscar

Luis César: "Non podo vivir de costas aos resultados, pero dobramos a media de ocasións"

Publicado o 26/03/2021 21:22

Pois nada máis rematar esa emocionante xornada na Segunda B, o Lugo xoga algo semellante a unha final.
Recibe o Sabadell no Anxo Carro, ás dúas da tarde. Hora pouco habitual na Segunda División. Sexa como for, ao Lugo cómprelle gañar para afastarse con folgura do descenso. E de paso romper unha xeira de oito partidos sen un só triunfo. A Luis César tampouco lle viría mal referendar con tres puntos a mellora ofensiva que introduciu no equipo.
 

Noticias web

26/03/2021