Luís César: "Hai que centrarse no traballo dos 90 minutos, non no resultado"
Publicado o 19/03/2021 14:54
Luís César falou das dificultades do partido ante o Castellón: "Os partidos teñen unha dificultade altísima. Hai que sacar as conclusións correctas sobre o noso equipo e sobre o rival. Axudaranos valorar o que sucedeu nos seus anteriores partidos. Os resultados, ás veces sorrín, ás veces non"
O técnico galego non quere centrarse só no resultado: "Hai que centrarse no traballo dos 90 minutos, non no resultado. Penso que é un erro"