CRTVG

Buscar

Luís César considera que o penalti non pitado a Campabadal foi decisivo

Publicado o 18/04/2021 09:09

Outra derrota do Lugo, a quinta consecutiva, meteu hoxe os de Luis César nos postos de descenso. O Alcorcón, que chegaba un punto por detrás, foron superiores. Pero os lugueses sinalan unha acción clave no partido. Esta de José León e Campadabal, que pediron como penalti. O resultado era de empate a uns e puido cambiar o signo do partido. Vicandi Garrido non quixo sinalalo. Despois si que pitou dous a prol do Alcorcón, cos que o equipo visitante levou o partido.
 

Noticias web

18/04/2021