CRTVG

Buscar

Luís César asina polo Lugo ata o ano 2022

Publicado o 03/03/2021 15:50

• É a súa segunda etapa no conxunto lugués

Con Luis César, o Lugo fixo a mellor temporada da súa historia na categoría e con el, o Lugo busca a tranquilidade neste exercicio. Luis César asume o equipo con seis puntos por riba do descenso. Asina ata xuño de 2022. Terceiro adestrador esta temporada. É a undécima opción de Tino Saques para o banco do Anxo Carro. Quedan quince partidos de liga. 

Luís César  asegurou na súa presentación que se regresou ao conxunto galego  é por que lle foi "ben". "É un momento bonito. Cando tes a posibilidade de volver a un club no que traballaches é porque che foi ben, por iso é unha satisfacción e alegría volver. Quero dar o mellor de min, sacar o mellor de cada xogador e que o Lugo quede o máis arriba posible", comentou. 

Luís César indicou que coñece o persoal "a nivel futbolístico e humano" e lembrou que no fútbol "non hai apócemas máxicas". "Buscarei gañar. Non hai vías boas e malas, cada un usa as ferramentas como cre oportuno. Verase o que tento facer. Quero que o meu equipo sexa mellor que os rivais", sinalou.

Noticias web

03/03/2021