CRTVG

Buscar

Luis Arce gaña as eleccións presidenciais en Bolivia

Publicado o 24/10/2020 00:13
Luis Arce gaña as eleccións presidenciais en Bolivia

Luis Arce

O Tribunal Supremo Electoral boliviano proclamou o triunfo do partido de Evo Morales nos comicios xerais do pasado día 18. O resultado foi recoñecido pola oposición e a comunidade internacional. O novo presidente do país será Luis Arce e o Vicepresidente David Choquehuanca. Ámbolos dous foron ministros con Morales.
    Arce obtivo o 55% dos votos. O ex presidente Carlos Mesa, de Comunidad Ciudadana, obtivo o 28'8% dos sufraxios. As eleccións repetíronse un ano despois de que se anularan as de outubro de 2019 por denuncias de fraude por parte do entón presidente, Evo Morales.