CRTVG

Buscar

#LugoPatrimonioMundial é "trending topic" en Europa

Publicado o 13/02/2021 21:07

O 13 de febreiro de hai dous anos a Guido acordoulle investigar se o cancelo #lugopatrimoniomundial estaba sen usar por ningunha persoa en calquera rede social. Comprobou que non, e viu a oportunidade de reivindicar que a cidade de Lugo sexa Patrimonio da Humanidade.

O apoio social a unha candidatura é un dos puntos que máis se teñen en conta para conceder o galardón de Patrimonio da Humanidade. Ademais, para este especialista en turismo, este é un xeito de estimular a autoestima dos lugueses, donos dunha cidade bimilenaria que se abriu definivamente ao turismo logo de conseguir que a muralla fora declarada patrimonio da humanidade.

Co apoio de persoeiros e anónimos, hoxe o cancelo #lugopatrimoniomundial conseguiu ser tendencia en toda europa, ao mesmo nivel que os termos "fin da covid" ou "liberdade para o Tíbet". Este logro adianta pasos para levar a cidade de Lugo a conseguir ser Patrimonio da Humanidade.

Noticias web

13/02/2021