CRTVG

Buscar

Lugo vive esta fin de semana o Arde Lucus, baixo medidas de seguridade

Publicado o 19/06/2021 15:12

A situación sanitaria afecta ata a celebración do Arde Lucus, a festa de exaltación do pasado romano e castrexo de Lugo. Unha representación do Senado trasladouse ao hospital en recoñecemento ao traballo dos sanitarios.

O parque é un dos escenarios e este ano para evitar aglomeracións as asociacións reduciron as exposicións.

Habilitáronse circuítos con entradas e saídas distintas, en cumprimento das medidas de seguridade.

A pandemia fixo que o ano pasado só se celebrasen desfiles das aso / cia / cións. Nesta ocasión, coincidindo co 20 aniversario, a chuvia colouse como invitada non desexada.

Ilusión que se mantén durante toda esta fin de semana, con actos presenciais e pola web.

Noticias web

19/06/2021