A socialista Lara Méndez quere un goberno de coalición co BNG en Lugo
Publicado o 30/05/2019 16:34
En Lugo, onde gañou o PP, todo apunta a unha coalición entre a segunda e a terceira forza máis votada. O BNG decide esta tarde a súa postura, pero pon condicións.
A socialista Lara Méndez quere un goberno de coalición co BNG en Lugo. Logrou dous concelleiros menos co Partido Popular, pero a suma de socialistas e nacionalistas garántelle unha maioría absoluta da que careceu nestes últimos catro anos.
O BNG de Lugo celebra hoxe unha asamblea para fixar as liñas a seguir neses contactos.
Os contactos poderían comezar mañá mesmo. As dúas forzas admiten que teñen case pechados os seus equipos negociadores.